viernes, 1 de noviembre de 2013

Diferencia entre Aplicación web e Páxina web

Ante a pregunta de cal é a diferencia entre unha Aplicación web e unha Páxina web, creo que a mellor resposta é unha demostración.

A continuación crearanse dous arquivos PHP, en cada un se incluirá únicamente unha función.

O primeiro caso é unha función que accede en modo lectura a un arquivo de texto, no que só se almacena un número.

Almacena este número nunha variable e pecha o arquivo.

Logo volta a abrilo, en modo escritura, eliminando o dato existente, e almacenando o dato anterior incrementando o seu valor en unha unidade.


<?php
 function incrementarNumero () {
  // Abrimos o arquivo onde se almacena o numero
  $fp = fopen("numero.txt","r");  

  // Lemos o numero
  $numero = intval(fgets($fp)); 

  // Incrementamos o numero
  $numero++; 

  // Pechamos o arquivo para volver a abrilo para escritura
  fclose($fp); 

  // Abrimos o arquivo en modo escritura
  $fp = fopen("numero.txt","w"); 

  // Escribimos o numero
  fputs($fp,$numero); 

  // Pechamos o arquivo novamente
  fclose($fp);
 }
?>

A segunda función tamén abre o arquivo en modo lectura e devolve o valor.


<?php
 function recuperarNumero () {
  // Abrimos o arquivo onde se almacena o numero
  $fp = fopen("numero.txt","r");  

  // Lemos o numero
  $numero = intval(fgets($fp)); 

  // Pechamos o arquivo para volver a abrilo para escritura
  fclose($fp); 

  // Devolvemos o numero lido
  return $numero;
 }
?>

Estas dúas funcións son chamadas dende outros dous arquvos PHP.

No primeiro caso para realizar un contador de visitas en unha Páxina web.


<!DOCTYPE html>
<HTML>
<HEAD>
 <TITLE>Paxina Web</TITLE>
 <!-- Metadatos -->
 <META http-equiv="Content-Type" content="text/html;charset=utf-8">
 <META name="author" content="Vicente Arosa">
 <META name="generator" content="Notepad ++">
</HEAD>
<BODY style="color:black; background-color:white">
 <h2>P&aacute;xina web</h2>
 
 Numero de visitas: 

 <?php
  include ("incrementar_numero.php");
  include ("recuperar_numero.php");  
  
  //con cada visita incrementamos o contador de visitas
  incrementarNumero ();
  
  //amosamos o contador actualizado
  echo (recuperarNumero ());
 ?> 
</BODY>
</HTML>

O resultado é o seguinte:




No segundo caso, tamén usando as mesmas funcións se realiza unha aplicación de control de aforo en un local. 

En esta aplicación se contará cada novo cliente que entre no local, a fin de saber si se pode permitir o acceso a máis clientes.


<!DOCTYPE html>
<HTML>
<HEAD>
 <TITLE>Aplicaci&oacute;n Web</TITLE>
 <!-- Metadatos -->
 <META http-equiv="Content-Type" content="text/html;charset=utf-8">
 <META name="author" content="Vicente Arosa">
 <META name="generator" content="Notepad ++">
</HEAD>
<BODY style="color:black; background-color:white">
 <h2>Control de aforo</h2>
 
 Aforo m&aacute;ximo do local: 150 <BR>
 Numero actual de clientes: 

 <?php
  include ("incrementar_numero.php");
  include ("recuperar_numero.php");  
  
  //con cada cliente que entra incrementamos o número de clientes
  incrementarNumero ();
  
  //amosamos o numero de clientes dentro do local.
  echo (recuperarNumero ());
 ?> 
</BODY>
</HTML>

O resultado é o seguinte:


En resumen:

Que o resultado do noso código sexa unha Páxina web ou unha Aplicación web, dependerá do uso que se lle dea, non das tecnoloxías a usar.

Normalmente as Páxinas web teñen un maior compoñente de deseño, mentres que nas aplicacións web, soe ser máis importante a parte de programación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario