martes, 13 de agosto de 2013

Creación de imaxes en miniatura (Thumbnail) mediante XnView


Mediante o visor de imaxes gratuito XnView, é posible a creación de imaxes en miniatura (Thumbnails) de forma masiva.

Este tipo de imaxes soen usarse nas galerías de imaxes.
Para comezar é importante que as imaxes estean en unha carpeta, e ter creado a carpeta na que almacenaremos as imaxes en miniatura.



En este caso a carpeta coas imaxes a tamaño natural, é a denominada orixinais.

Neste exemplo usaranse imaxes con licencias Creative Commons obtidas da wikimedia.

O proceso é como se indica a continuación:
Paso 1, abriremos a carpeta das imaxes orixinais :


Paso 2, seleccionar todas as imaxes da carpeta, para o que teremos varias solucións :
    1. Seleccionar co rato. 
    2. Menú Editar -> Seleccionar Todo. 
    3. Combinación de teclas CTRL + A. 


Paso 3, seleccionar a opción de conversión por lotes, para o que teremos varias solucións :

    1. Botón dereito, seleccionar "Conversión por lotes...". 
    2. Menú Herramientas-> "Conversión por lotes...". 
    3. Combinación de teclas CTRL + U. 


Aparece unha ventá coas opcións de conversión.


Paso 5, seleccionar a pestana "Transformaciones" :


Paso 6, seleccionar a transformación Imagen -> Cambiar tamaño, e pulsar en "Añadir" :


Esto provoca que na parte dereita apareza a opción seleccionada.


Como se pode comprobar, aparece na lista superior a modificación que desexamos aplicar.

Pódense aplicar várias modificacións simultáneamente, ainda que neste caso só aplicaremos a de "Cambiar tamaño"

Unha vez seleccionado, na parte inferior aparece un apartado de parámetros, nos que indicaremos as novas dimensións, que poden ser en pixeles (na primeira columna de casillas), ou en porcentaxe (na segunda columna) .

Neste caso crearemos imaxes en miniatura de un tamaño de 150 x 100 pixeles.



Neste caso desmarcaremos a casilla "Mantener proporción", para forzar que todas as imaxes sexan do mesmo tamaño, en caso contrario, se mantería a relación entre ancho e alto de cada unha delas.

Paso 7, seleccionar a carpeta de destino.

Na pestana "General" seleccionaremos o directorio no que desexamos que se garden as imaxes modificadas. A mellor opción e seleccionar un directorio distinto para que non se sobreescriban as imaxes orixinais.


Paso 8, Pulsar no botón "Proceder".


Tras pulsar o botón aparecerá unha ventana indicativa do progreso do proceso.


En caso de que exista unha imaxe co mesmo nome na carpeta destino, se indicará mediante unha ventana, na que se solicitará se desexamos sobreescribila.


A continuación se amosa o proceso completo en un vídeo de youtube:


No hay comentarios:

Publicar un comentario