Crear unha función, que reciba unha dirección de correo electrónico, e a separe en nome de usuario e site do correo.
Estes datos están separados pola arroba.
O proceso de separación pasa por tres pasos:
1) Obter a posición da @ (arroba) dentro da dirección de email.
2) Extraer o texto dende o inicio ata a posición a arroba, sen incluila, isto será o nome de usuario.
3) Extraer o texto dende o caracter seguinte á arroba ata o final da dirección.
Para resolver o punto 1 podemos usar o método indexOf do obxecto String, o cal nos devolve a primeira aparición de un texto dentro de outro:
posicionArroba = email.indexOf("@");
Para resolver os puntos 2 e 3, se utiliza o método substring do obxecto String, que devolve o texto entre dúas posicións, ou dende unha posición ata o final.
function dividirEmail (email){ //todo email ten unha e so unha arroba //exemplo vicenaf@gmail.com //localizase a @ mediante indexOf (pax 136) var posicionArroba; posicionArroba = email.indexOf("@"); alert(posicionArroba); var nomeUsuario; nomeUsuario = email.substring(0, posicionArroba); alert (nomeUsuario); var site; site = email.substring(posicionArroba + 1); alert (site); }
Esta función se chamará dende o corpo (body) da páxina web:
var emailUsuario; emailUsuario = prompt("Introduce o teu email:"); dividirEmail(emailUsuario);
O resultado é o seguinte:
1) Solicítase o email.
É preciso ter en conta que a primeira letra se atopa na posición cero.
4) Recupérase o texto dende a posición seguinte á da arroba, ata o final, mediante substring(posicionArroba + 1).
3) Recupérase o texto dende o principio ata a posición anterior á da arroba, mediante substring(0, posicionArroba).







No hay comentarios:
Publicar un comentario